O Museo do Pobo Galego. Festexa as Letras galegas e O Día internacional dos Museos

Archivado enCultura 0 comentarios

Museo do Pobo Galego
Rúa de San Domingos de Bonaval
Santiago de Compostela
Tel.: 981 583 620
http://www.museodopobo.es/

O MUSEO CELEBRA ESTAS EFEMÉRIDES NO ANO DO SEU 30 ANIVERSARIO
 
No ano 1977 abría as súas primeiras salas en Bonaval o Museo do Pobo Galego. Desde entón, creceu e fíxose adulto, tanto que este ano entra xa na treintena.  Aínda que a data exacta do aniversario e a festa grande serán en outubro, no día de celebración para todos os museos do mundo, dedicado a relación entre estas institucións  e o patrimonio universal, o Museo do Pobo quere lembrar que leva tres décadas exercendo e impulsando a  responsabilidade para con o noso  patrimonio, tendo en conta as súas diversas expresións.
 
 
O Día das Letras e a figura de María Mariño teñen o seu pequeno espazo no claustro do Museo, na entrada que nos leva ao Panteón de Galegos Ilustres.O seu retrato e un poema de Palabra no tempo recibe aos visitantes que contan con información sobre estas dúas celebracións. O venres 18 ademais recibirán un obsequio do Museo e poderán deixar, nun pequeno mural, a súa felicitación, comentario ou graffiti.
 
Como dí o ICOM, visitar os museos é un xeito de participar activamente na celebración dos 40.000 anos de creatividade diversa da humanidade e unirse á causa da salvagarda do patrimonio universal.

Información cedida pola organización

Artículo de e-notes   @   17 mayo 2007 0 commentarios

Comparta este artículo

RSS Digg Twitter StumbleUpon Delicious Technorati

0 Comentarios

Lo sentimos, los comentarios están cerrados.

Artículo anterior
«
Artículo siguiente
»
de.pinque designed by Website Hosting  |  In conjunction with Video Hosting   |   VPS Hosting   |   Video Sharing Script