Marina Núñez
Reflejo
Inauguración 29 noviembre a las 20:30 horas
29 noviembre – 26 enero
C5 Colección
Travesa da Universidade 1.
Santiago de Compostela 15704
Tel-fax: 0034 981 55 78 53
http://www.c5coleccion.com/
Colabora: Galería Salvador Díaz (Madrid)
Texto Concha Fontenla, Directora de C5 Colección
No panorama actual da arte contemporánea, vivimos un dos períodos máis intensos no que á presencia e valoración da arte producida por mulleres se refire. Aportacións de pensadoras e escritoras como Virginia Wolf, Simona de Beauvoir, Betty Friedan ou Linda Nochlin enriqueceron teoricamente este debate en torno ao xénero e á identidade que, nos últimos anos, se estructurou en actitudes e tendencias; para, finalmente, fusionarse e disiparse, abrindo paso a poéticas personais que, pese a partir da condición feminina e da muller como suxeito-creador, obvian agruparse nun colectivo: as súas obras non se consideran xa exclusivamente femininas, senón expresión dun punto de vista persoal, no que inciden a elección dos materiais, do tema e da concepción da arte, influído –cabe salientar- polo xénero feminino ao que pertencen. Reafírmase deste xeito unha identidade social, en relación directa co seu propio traballo, ao tempo que manifesta o seu dereito á diferencia tra-lo que subxacen referencias a determinados mecanismos introspectivos plantexados por distintos filósofos, dende Freud a Lacan, que converxen na imaxe como representación de sexo e pensamento (Eros e Tánatos) ou no corpo como vehículo de expresión: auténtico leit motif do debate cultural actual.
Marina Núñez asume a súa condición de muller coma suxeito; e faino dende un posicionamento crítico coherente en torno aos discursos de xénero. A muller e a súa situación pasada, actual e futura, son algunhas das cuestións presentes nun traballo que obriga a re-pensar ao espectador a historia escrita en masculino para poñela en relación cun presente inxenuamente asexuado. A literatura constitúe un dos referentes desta artista que “conta historias” e cuxo vehículo de expresión son as imaxes convertidas en párrafos ou instantes conxelados dun conto; conto que, as veces, narra un sub-mundo que é máis que a representación das miserias dos mortais que as observan. Narratividade non exenta de compromiso que, nos últimos anos, a levou a utilizar medios técnicos como a reproducción dixital e o vídeo como vehículos de expresión –sen abandoar o que ela denomina como “pintura pertinaz”- a adentrarse na ciencia-ficción ou a investigar acerca da enerxía humana e das futuras posibilidades da especie, como temas de reflexión.
Nesta exposición de C5 Colección podemos contemplar imaxes que propoñen diferentes desafíos ao espectador: a identificación de reflexos semi-ocultos entre a area dunha praia perdida, lembranzas de naufragios personais; novos e oscuros rexistros, onde a evocación da memoria se sustitúe pola clarividencia do inconsciente, impactos visuais que expresan fondas inquedanzas: o terror, a persecución, o control, os límites ata alcanzar unha total disociación onde a muller é protagonista da súa propia duplicidade e extinción… fobias e histerias, interpretación dun retrato social manifestado coma metáfora dun surrealismo cotián: a contemplación do noso propio rostro coma reflexo nun espello.
Información cedida por la organización
Lo sentimos, los comentarios están cerrados.