Fundación Caixa Galicia: Os símbolos de Galicia. Ciclo de conferencias
Os símbolos de Galicia. Ciclo de conferencias
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, inaugurará o programa na sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz,21)
‘Os símbolos de Galicia’ viaxará durante o mes de abril por Lugo, Santiago, Pontevedra, Ferrol e A Coruña
Con ocasión do primeiro centenario da estrea pública do Himno Galego na cidade de La Habana, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega promoveron a realización dun libro dedicado a estudar o contexto histórico e a evolución seguida na fixación dos principais símbolos de Galicia, o escudo, a bandeira e o himno.
A Fundación Caixa Galicia vén de anunciar a posta en marcha dun ciclo de conferencias que impartirán os autores deste libro, ‘Os símbolos de Galicia’, como unha contribución á difusión en toda Galicia dos seus símbolos e da súa relevancia pasada e actual.
O encargado de inaugurar este ciclo será Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, quen falará, o vindeiro mércores, ás 20.00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21), sobre ‘A produción de símbolos nacionais’.
As conferencias continuarán no mes de abril en diferentes vilas galegas e participarán personaxes relevantes da cultura galega, como Xosé Ramón Barreiro, Eduardo Pardo de Guevara, Xosé Luís Axeitos, Manuel Ferreiro ou Fernando López-Acuña.
A produción de símbolos nacionais, por Ramón Villares
Cando Mércores, 2 de abril 20 h.
Onde Sede Fundación Caixa Galicia Vigo
Os símbolos da nación, por Xosé Ramón Barreiro Fernández
Cando Xoves, 3 de abril 20 h.
Onde Sede Fundación Caixa Galicia A Coruña
O escudo de Galicia, orixe, significados e evolución, por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
Cando Xoves, 3 de abril 20 h.
Onde Sede Fundación Caixa Galicia Lugo
As bandeiras do nacionalismo galego, por Xosé Luís Axeitos
Cando Venres, 4 de abril 20 h.
Onde Sede Fundación Caixa Galicia Santiago
O Himno galego, historia, letra e música, por Fernando López-Acuña
Cando Venres, 4 de abril 20 h.
Onde Sede Fundación Caixa Galicia Pontevedra
Nos cen anos do Himno galego, por Manuel Ferreiro
Cando Martes, 15 de abril 20 h.
Onde Sede Fundación Caixa Galicia Ferrol
Información cedida pola organización




