Homenaxe ás vítimas do Portiño: inauguración do monumento conmemorativo
Homenaxe ás vítimas do Portiño
Inauguración do monumento conmemorativo Mortos do Portiño realizada polo escultor Pepe Galán
12 de abril en O Portiño ás 19:30 horas
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d’A Coruña
Concello da Coruña
Ministerio da Presidencia
MORTOS DO PORTIÑO
Lembranza das persoas que deron a vida pola nosa liberdade o 3 de marzo de 1937. Simboliza o acontecido no intento de fuxida dun cento de persoas polo mar do Portiño, a causa da represión franquista.
MONUMENTO: corredor de aceiro, que vai de sueste a noroeste, con escadas de fuxida ou de reencontro, que soben ou baixan do monte, van ou veñen do mar.
TEXTO: pano de nomes con dezaseis fusilados, dous afogados e un morto na cadea; signos cuñados no chan de metal, recheos de chumbo, como o aplicado nos seus pasamentos.
LUZ AZUL DOS FAROIS: elemento secuencial semellante ao latexo do corazón, querendo representar con isto un xeito de presenza continua.
Camiñantes!
Ollade o ceo!
Ulide o mar!
Sentide o vento!
Non esquezades a quen morreu pola liberdade!




