Difusión de noticias de arte y cultura

14 Abr

A Fundación Caixa Galicia falla a primeira edición das súas bolsas de Primeira Obra

A Fundación Caixa Galicia vén de anunciar os nomes dos beneficiarios da primeira edición das súas Bolsas para Primeira Obra, unha iniciativa coa que a entidade cultural quere promover a creación artística entre os máis novos.

O xurado, que se reuniu a pasada semana na Coruña, seleccionou un total de trece proxectos entre os que se repartián os 120.000 euros cos que está dotada esta convocatoria, unha das máis importantes do Estado na súa categoría.

Ramón Villares, presidente do Consello de Cultura Galega; Rafael Doctor, director do MUSAC; a escritora Susana Fortes; o director de cine Héctor Carre; Alicia Roldán, xerente do Teatro de La Abadía; o músico Teo Cardalda e máis Rosario Sarmiento, subdirectora de Programación da Fundación Caixa Galicia, quixeron salientar a “grande calidade e orixinalidade dos traballos presentados”.

Relación de bolseiros

artes audiovisuais

Otro Paralelo 43.
Roberto Eduardo Moñino Leis e Álvaro de Castro de Ugarte. Santiago
“É un proxecto documental audiovisual que pretende narrar os contrastes existentes entre os puntos de Fisterra e Vladivostok (Rusia), ambos situados no paralelo 43. Para conseguilo empregaremos o tren transiberiano e os seus ramais dende Moscova a Vladivostok, mostrando a vida a bordo da maIor vía de comunicación entre Europa e Asia”.

Liminalidad: Kosovo.
Ángel de la Rubia Barbón. Vigo
“É a fin deste proxecto fotográfico retratar Kosovo e un sector moi específico da súa poboación a través dunha achega documental: individuos que se aproximan ao derradeiro estadio da súa xuventude”.

Rostros de arena.
Lois Patiño Lamas. Vigo
“Retrato da vida cotiá dunha persoa marxinal. Obra audiovisual de documental de creación”.

artes escénicas

Os contos máxicos da avoa.
Vanessa González de la Fuente e Mª Teresa Venteo Espejo. Palma de Mallorca
“O espectáculo fundaméntase na recompilación de contos e lendas tradicionais galegas contados por dúas nenas que están a piques de deitarse. Imitando ás súas avoas pasearannos pola Galicia de onte, de hoxe e de sempre”.

Voice meets body.
Carlos Fernández López e Avatara Ayuso Vigario. Santiago
“Dúas coreografías orixinais aspiran a retomar o espírito de experimentación das vangardas históricas. A primeira coreografía estará baseada na particular concepción do corpo/espazo do deseñador da Bauhaus Oskar Schele. A segunda terá como base textos poéticos sobre p cuerpo e o movemento que Carlos Fernández escribirá durante o proceso de composición e que se recitarán en escena”.

artes plásticas

A rapa das bestas en Galicia.
Ramón Vaamonde Vilas. Santiago
“Trátase de percorrer as principais citas coa rapa durante o verán 2008. É un proxecto inédito ata o día de hoxe pese á gran tradición e popularidade do evento”.

Golondrina
François Vanneraud. Nantes (Francia)
“Realizar unha instalación ao redor do fluxos migratorios humanos ao longo do último século, as súas orixes, expresións, causas e consecuencias. O traballo final será presentado en forma de intervención debuxada con textos, fotografías, discursos…”.

Der Waldgang
Ángel Masip Soriano. Alacante
“Proxecto artístico consistente nunha instalación que recrea un escenario natural a través da súa deconstrución mediante materiais industriais”.

Vademecum
Tania Blanco Rubio. Valencia
“É un proxecto que cuestiona e reflexiona verbo do avance da tecnoloxía no eido da medicina e como as sociedades contemporáneas conviven con ese mundo artificial, case de película de ciencia ficción. A modo de instalación combina pintura, caixas de luz e videoproxeccións”.

literatura

De música ligera
Proyecto narrativo. Aixa de la Cruz Ventosa. Bilbao
“Proxecto de investigación e redacción dunha novela titulada ‘De música ligera’, a realizar nun semestre”.

La Fabulosa Malva
Sara Gómez Iglesias. Elvira Mónica Rodríguez Velasco. A Coruña / Lugo
“O noso obxectivo é a escrita dun guión de cine do xénero de animación. A protagonista é Malva, unha adolescente cunha cabezota enorme e moitas ideas dentro dela”.

8 cancións para 8 poemas. Homenaxe a Lois Pereiro
Alexandro González Castro. Pobra de Brollón (Lugo)
“Trátase da composición e gravación de 8 cancións inspiradas pola profunda poesía de Lois Pereiro. Tamén se recollerá no proxecto cada poema, recitado por diferentes artistas galegos”.

Viaje por Kaleikói
Efraím Díaz Vázquez. Castroverde (Lugo)
“Compoñer, gravar, publicar, interpretar e difundir un total de catro obras musicais de nova e propia creación. Perfeccionar a miña formación como percusionista e compositor ao longo das seis fases que compoñen o proxecto, incluíndo, un curso en Alemaña, a gravación dun CD e unha serie de concertos para difusión do traballo realizado gracias ábeca”.

Difusión de noticias de arte y cultura Powered by Wordpress
GPS Fluid