MARCO: O MEDIO É O MUSEO
O MEDIO É O MUSEO
20 xuño - 21 setembro 2008
Lugar: salas de exposición da planta baixa
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Rúa Príncipe nº 54- 36202 Vigo
Tel. +34 986 11 39 08
www.marcovigo.com
Comisarios: Pablo Fanego e Pedro de Llano Neira
Coprodución: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo/ Koldo Mitxelena, San Sebastián
O MEDIO É O MUSEO é un proxecto expositivo composto de diferentes tipos de traballos que abordan o museo ou a institución como soporte e referente das obras de arte. Tratando de investigar e confrontar procesos complementarios no ámbito artístico e na sociedade —como o rexurdimento das prácticas performativas e contextuais herdeiras da arte conceptual e da crítica institucional dos setenta— a intención deste proxecto é pensar sobre o museo entendido como medio e material, pero tamén como un sistema de convencións historicamente establecidas. O espazo arquitectónico, o contexto ou o funcionamento cotián da institución, actúan como os elementos significativos do contido da mostra. É dicir, espiuse ao máximo o museo, de maneira que é este, como ‘soporte’, o que se exhibe: o espazo resulta así dimensionado, especificado e interpretado na súa totalidade a través das accións dos artistas e da participación do público.
Información cedida pola organización



