Manuel Rivas ingresa na Real Academia Galega

Archivado enCultura 0 comentarios

Coa leitura do discurso A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, Manolo Rivas ingresou o pasado 12 de decembro na Real Academia Galega.

Publicamos este pequeno fragmento do discurso que referiu á arte galega.

“Como non identificar, para nós, os lugares da dor, a paisaxe da memoria, a paisaxe que fala. Esa é a paisaxe que aparece na estampa do cadro máis sobranceiro, a marca máis comprometida e dura da arte galega. A lección do mestre, de Castelao, feita no exilio e que na diáspora permanece, custodiado no Centro Galicia de Buenos Aires. Esa obra é o equivalente para Galicia ao Gernika de Picasso ou aos Fusilamentos do 3 de maio de Francisco de Goya. Un dos mozos que descubriu o corpo xacente do mestre asasinado cobre agora os ollos para non ver.”

castelao.jpg

A derradeira lección do Mestre
Autor: Castelao
óleo / tea
200 x 136
1945
Esta obra atópase ubicada na Sala Alfonso D. Rodríguez Castelao (304) da Casa de Galicia de Buenos Aires

Artículo de e-notes   @   13 diciembre 2009 0 commentarios

Comparta este artículo

RSS Digg Twitter StumbleUpon Delicious Technorati

0 Comentarios

Ningún comentario todavía, sea el primero en dejar su opinión!
Deje su comentario

Nombre

Email

Website

Artículo anterior
«
Artículo siguiente
»
de.pinque designed by Website Hosting  |  In conjunction with Video Hosting   |   VPS Hosting   |   Video Sharing Script